- En colaboración con varias entidades deportivas do concello de Carballo levaranse a cabo os talleres ‘Des-conecta’ e ‘Con sumo cuidado’
A Asociación Vieiro, con sede en Carballo, pon en marcha un programa de prevención deportiva dirixido a un público xuvenil baixo o lema Xogo Limpo e con dous obradoiros: ‘Des-conecta’ e ‘Con sumo cuidado’. Ambos será impartidos pola psicóloga de Vieiro, Lara Periscal Taibo.
Dentro do obradoiro ‘Des-conecta’ facilitarase ao usuario información sobre o correcto uso das redes sociais, os videoxogos ou xogos de apostas. Hai programadas dúas intervencións: unha será este sábado, de 10:30 a 12:00 horas, en colaboración co Club Ciclista Carballo; e a outra desenvolverase o luns día 28, de 19:15 a 20:30 horas, co apoio do Basket Xiria. Ambas actividades terán lugar no auditorio da biblioteca Rego da Balsa de Carballo.
Por outra banda, o taller ‘Con sumo cuidado’ centrarase nos efectos, consecuencias e riscos asociados ao consumo de substancias como o tabaco, alcohol ou cannabis entre outros. Esta actividade terá lugar o luns 25 de abril, ás 17:00 horas, no mesmo auditorio. Nesta ocasión participarán membros do Club Hockey Lubiáns.