Este programa está destinado a pais, nais e persoas con responsabilidade familiar, que desexen informarse e formarse á hora de desempeñar a súa labor como educadores/as.
Está composto por obradoiros impartidos polas psicólogas e educadoras de Vieiro, Lara Rodríguez e Miriam Romero, que buscarán dar as ferramentas axeitadas para saber navegar no océano educativo e que se distribúen do seguinte xeito:
- “CARTAS DE NAVEGACIÓN” (Habilidades sociais)
- “BUSCANDO O NORTE” (Disciplina positiva)
- “CADA BARCO TEN O SEU TIMÓN” (Normas e límites)
- “CAPEANDO O TEMPORAL” (Resolución de conflitos)
- “MAR DE REDES” (Novas tecnoloxías)
- “MARIÑEIROS E MARIÑEIRAS” (Coeducación e igualdade de xénero)
Este programa totalmente gratuíto, poderano solicitar aquelas ANPAS ou CENTROS EDUCATIVOS que o desexen, ademais de os pais e nais a nivel persoal.
Para a realización destas escolas é imprescindible o compromiso de asistencia ás mesmas, de non ser así o grupo poderá disolverse e/ou reubicar ás/aos asistentes noutras escolas que estean en funcionamento.
Os obradoiros darán comezo no mes de novembro. As sesións terán unha periocidade semanal, quincenal ou mensual segundo preferencia dos participantes e a súa duración será de hora e media.
A inscrición pode facerse na asociación Vieiro, chamando ao teléfono 981 75 61 61 ou na ANPA do colexio a onde pertenzan.