Vieiro pon en práctica o programa de regulación emocional ‘Regular (Te) Ben’

1 minutes read

“Regular (Te) Ben” é un programa que se desenvolve a través de 4 sesións de 55 minutos cada unha e periodicidade semanal no que se traballan: a ansiedade, a autoexixencia e a frustración. Está composto por actividades prácticas de regulación emocional sendo o seu fin lograr que os/as mozos/as adquirisen unha serie de competencias emocionais que lles permitan xestionar e afrontar a adolescencia de maneira saudable. Este programa é impartido polas profesionais Dalila Vizcaíno Regueira e Tamara Rodríguez Pereira.

A formulación de metas pode ser unha boa estratexia para achegarnos aos logros que queremos alcanzar, agora ben, en ocasións estas poden resultar inalcanzables porque se crearon a partir de ideais, ou ben, porque os obxectivos que nos/nos marcamos non son realistas. Deste xeito, a autoexigencia pode converterse en autoimposición ou perfeccionismo por exemplo ao non aceptar equivocacións ou baixas cualificacións, provocando unha sensación de intensa angustia e ansiedade. Por iso, os/as mozos necesitan tomar conciencia dos seus esforzos, da súa valía e da importancia de aceptar os seus posibles erros, tendo en conta que esto non os fai peores, e que se merecen tratarse igualmente dunha maneira sa. 

Para dar resposta a esta situación e ante a preocupación e demanda dos centros educativos de ensino secundario, a asociación Vieiro pon en práctica este programa de regulación emocional “Regular (Te) Ben”, co fin de facilitar as ferramentas que permitan ao alumnado saber xestionar a etapa evolutiva da adolescencia, de seu complicada, para afrontala da maneira máis sa posible.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?