Para dar resposta a preocupación e demanda dos centros educativos de ensino secundario, a asociación Vieiro para facilitar a aprendizaxe emocional, pon en práctica o programa de regulación emocional, “Regular (Te) Ben”, co fin de facilitar as ferramentas que permitan ao alumnado saber xestionar a etapa evolutiva da adolescencia, de seu complicada, para afrontala da maneira máis agradable posible.
“Regular (Te) Ben” é un programa de regulación emocional que se desenvolve a través de 4 sesións de 55 minutos cada unha e de periodicidade semanal no que se traballan a ansiedade, a autoexigencia e a frustración.
Este programa está composto por actividades prácticas de regulación emocional sendo o seu fin lograr que os/as máis novos adquirisen unha serie de competencias emocionais que lles permitan xestionar e afrontar a adolescencia de maneira saudable. Este programa é impartido pola psicóloga Lara Periscal Taibo.