- No curso trataranse temas como a autoestima ou a resolución de conflitos
A Asociación Vieiro presentou este venres o seu programa “A escola de familias”, enmarcado dentro da programación de “Prevención no ámbito familiar”.
Como en anos anteriores, este programa terá por obxectivo informar e formar ao mesmo tempo a pais, nais ou persoas con responsabilidade familiar, á hora de desempeñar a labor de educadores. Poderán solicitalo aquelas ANPAS e centros educativos que consigan formar un grupo como mínimo de 15 persoas, e tamén os proxenitores a nivel persoal.
Para a realización destas escolas é imprescindible a continuidade formativa, polo que se fai obrigatoria tanto a permanencia como a asistencia ás mesmas, comprometéndose deste xeito a Asociación Vieiro á realización de escolas de familias durante 8 meses e os asistentes á permanencia durante este tempo nas mesmas. En caso de que se incumpla a asistencia, o grupo poderá disolverse ou reubicar ós asistentes que permanezan no mesmo noutras escolas que estén en funcionamento.
No curso trataranse temas como a autoestima, a resolución de conflitos, a sexualidade ou as técnicas de estudo, e será impartido por psicólogas e educadoras desta Asociación nas instalacións do centro educativo que así o solicite, ou en caso contrario, nun local que Vieiro destinaría ao efecto para impartir o mesmo.
A duración do programa será de 8 meses (de outubro a maio) con clases presenciais quincenais dunha hora e media de duración. O prazo de inscripción finaliza o próximo día 18 de outubro e farase na Asociación Vieiro chamando ao teléfono 981 75 61 61 ou na ANPA do colexio a donde pertenezan.
Este programa é totalmente gratuíto. Está subvencionado polo Servizo de Prevención de Condutas Aditivas da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.