Vieiro presente no mes da Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee

1 minutes read

A asociación Vieiro de Carballo trasladouse ao Concello de Cee para participar no «MES DA FUNDACIÓN» organizado pola Fundación Fernando Blanco de Lema, que leva 7 edicións ofertando diferentes actividades dentro do seu programa educativo – cultural. A entidade puxo o broche final a unha serie de actividades programadas para o alumnado de educación secundaria dos centros escolares de Cee: IES Agra de Raíces, IES Fernando Blanco e CPR Manuela Rial, a través da charla «CON SUMO COIDADO» impartida por Miriam Romero Traba, educadora social da entidade. Os contidos versaron sobre os efectos e as consecuencias do consumo de substancias, incidindo no alcol, tabaco e cannabis.