Vieiro prevén a rapaces de Carnota e Laxe sobre o mal uso das tecnoloxías

1 minutes read
  • Profesionais da entidade visitaron o IES Lamas de Castelo de Carnota e o CPI Plurilingüe Cabo da Area de Laxe

A asociación Vieiro, dentro da súa programación de prevención escolar, levou o seu programa ‘Mar de redes’ a varios colexios da comarca como o IES Lamas de Castelo de Carnota e o CPI Plurilingüe Cabo da Area de Laxe.

Alumnado do último ciclo de Primaria e dos catro cursos da ESO participaron nunha das sesións para tomar conciencia dos riscos do uso das novas tecnoloxías, dos posibles delitos, das súas consecuencias ou das formas de protexerse así como previr o uso problemático da internet, das redes sociais e outras prácticas de risco asociadas a estas tecnoloxías (videoxogos, apostas, xogos de azar en liña).

As profesionais encargadas de implementar este programa nos centros escolares son a pedagoga Dalila Vizcaíno Regueira e a educadora social Iria Villar Cancela.

A asociación Vieiro agradece a «excelente disposición dos centros, así como todas as facilidades dadas polos equipos directivos e claustros de profesores as para poder levar a cabo este programa».