Vieiro publica a súa revista Nº92

Esta revista, que corresponde ao resumo do ano 2024, é a continuación desta publicación que vén editándose desde o ano 1992, nunha primeira etapa con periodicidade trimestral e na actualidade con periodicidade anual. Vieiro conta con destacadas colaboracións e cun equipo de redacción que colaboran de forma desinteresada.

Desde Vieiro afirman que esta publicación non sería posible sen dous dos seus piares imprescindibles. por unha banda a colaboración en todos os seus números dos articulistas, que o fan altruistamente e das empresas e administracións que coas súas doazóns económicas sufragan o custo da súa publicación.

Desde o seu inicio a revista Vieiro, sempre tivo unha máxima, que a súa publicación, xestión e distribución, non supuxese un custo económico para a propia asociación e desde o seu principio así foi e agardan que siga.

A distribución por correo ordinario da revista faise a todo o territorio nacional, previa solicitude de subscrición gratuíta, vieiro@vieiro.org, así como aos anunciantes, subscritores e tamén se distribúe aos establecementos onde adoita haber rotación de clientes e espera, como poden ser salóns de peiteado/barbarías, clínicas, centros de saúde, etc.

https://vieiro.org/wp-content/uploads/revistapdf/R92.pdf

Related posts

O presidente da Xunta participou no Interreg Cooperation Day 2025, celebrado este venres no Miradoiro de Fisterra

Carballo impulsa o programa C4S para fortalecer os negocios turísticos locais

A Xunta avalía os dous últimos proxectos desenvolvidos polo GALP Costa da Morte