A asociación Vieiro dentro do ámbito da prevención escolar levou a cabo o programa “Triángulo da Saúde” durante o segundo trimestre do curso 2021/2022. A partir dun cuestionario anónimo realizado a un total aproximado de 750 escolares de educación secundaria, realizouse un estudo para recoller os datos sobre os primeiros consumos nesta etapa educativa.
Con este estudo a asociación Vieiro realizou un informe cos consumos detectados, diferenciando dous grupos: por unha banda, os consumos asociados aos alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO; por outra banda: os correspondentes aos cursos de 3º e 4º. Establécese esta diferenza dado que os consumos poden variar en función da idade.
CONSUMOS 1º E 2º DA ESO
| TABACO | ALCOL | CANNABIS | |
| IDADE DE INICIO | 12 anos | 11,11 anos | 13,1 anos |
| Nunca | 84,39% | 40,76% | 94,93% |
| Probei 1-2 veces | 10,03% | 37,92% | 2,78% |
| Consumo unha vez ao mes | 3,16% | 12,15% | 1,31% |
| Consumo todas as semanas | 2,42% | 9,17% | 0,98% |
A táboa presentada corresponde aos datos obtidos no primeiro grupo, composto por alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os 12 e 14 anos.
No caso do tabaco, a maior parte do alumnado enquisado refire non probar nunca o tabaco, con todo, detéctanse pequenas porcentaxes de consumos de alumnos e alumnas que afirman consumir esta substancia de forma continuada. O patrón de inicio de consumo segue repetíndose, ás agachadas, só/a ou en compañía do grupo de iguais ou dalgún familiar de idade similar. A idade media de inicio do consumo sitúase ao redor dos 12 anos, un pouco máis alta que a detectada en anos anteriores.
No alcol o caso é diferente, xa que a porcentaxe dos que xa probaron é máis da metade dos alumnos e alumnas enquisados, observándose porcentaxes significativas nos consumos mensuais e semanais. A idade media de inicio do consumo sitúase ao redor dos 11 anos de idade e o patrón de inicio de consumo segue a ser o mesmo detectado noutros anos: en compañía da familia e nun ambiente festivo. Este tipo de actitude permisiva fronte ao consumo de alcol así como a súa normalización potencia a aparición de futuros consumidores/as, xa que se tenden a repetir comportamentos que se entenden como normais dentro da contorna máis próxima.
Con respecto ao cánnabis, a porcentaxe de consumidores/as mantense con respecto a outros anos, incrementándose a idade de inicio do consumo á media de 13 anos. Nos datos recolleitos a alumnos comprendidos entre os 12 e 14 anos de idade detéctanse pequenas porcentaxes de primeiros consumos e mesmo de fumadores habituais desta substancia. A percepción de risco que os menores teñen desta substancia é moi baixa, e cada vez está a se normalizar máis o seu consumo, motivado tamén por moitos aspectos da cultura xuvenil que enxalzan este tipo de substancias. Ademais, os mitos ao redor dela son moi numerosos: “é menos daniña porque é natural”, “é medicinal”, etc.
CONSUMOS 3º E 4º DA ESO
| TABACO | ALCOL | CANNABIS | COCAÍNA | D.SÍNTESE | |
| IDADE DE INICIO | 8,31 años | 13,85 años | 10,28 años | 15 años | 15,5 años |
| Nunca | 51,13% | 30,67% | 83,90% | 92,07% | 96,12% |
| Probei 1-2 veces | 28,65% | 22,10% | 14,82% | 6,8% | 2,98% |
| Consumo unha vez ao mes | 5,20% | 17,1% | 0% | 1,13% | 0% |
| Consumo todas as semanas | 15,02% | 30,13% | 1,28% | 0% | 0,9% |
A táboa e o gráfico anterior mostran os resultados obtidos no grupo composto por alumnos e alumnas de entre 14 e 16 anos, correspondentes aos cursos de 3º, 4º de ESO e 1º, 2º de FP Básica.
Con respecto ao tabaco neste grupo de idade as porcentaxes de consumidores/as habituais aumentan significativamente, sobre todo no caso dos que afirman consumilo de forma semanal.
No alcol os datos mostran unha realidade preocupante no consumo desta substancia, tan só un 30,67% afirma non probala, case tanto como os que afirman consumilo semanalmente e un 20% que xa o probou. Polo que vemos que as porcentaxes de consumidores habituais aumentan significativamente. Nestas idades o lecer nocturno e o binomio diversión-alcol fai que aumente o seu consumo, xa que son moitos os que afirman beber alcol cada vez que saen. Polo que esta porcentaxe incrementarase notablemente ao mesmo tempo que comezan a saír de noite.
No caso do cánnabis existe unha pequena porcentaxe que afirma consumilo todas as semanas pero case un 15% probar. A idade media de inicio do consumo desta substancia é de ao redor de 15 anos, un pouco máis alta que a detectada en estudos anteriores.
Doutra banda, xa se detectan consumos tanto de cocaína como doutras drogas de sínteses, existindo mesmo pequenas porcentaxes de consumo de polo menos unha vez ao mes na cocaína e de todas as semanas no caso das drogas de deseño.
Tendo en conta que se tratan de menores de entre 12 e 16 anos, os datos mostran unha realidade preocupante no uso e abuso de substancias adictivas, polo que non debemos de descoidar o labor preventivo e a responsabilidade da contorna familiar, social e educativo, piares fundamentais no desenvolvemento evolutivo e psicolóxico dos menores.
Con todo, desde Vieiro inciden que debemos tratar con cautela os datos reflectidos, xa que estes non son unha reprodución exacta da realidade. Moitas das respostas poden estar influenciadas por desexabilidade social, pola presión dos/as compañeiro/as ou ser contestadas sen entender o seu enunciado correctamente.