Vieiro puxo en marcha, entre alumnado de 12 a 16 anos, unha iniciativa de desenvolvemento de habilidades socioemocionales

Cedida.

A proposta enmárcase dentro das accións de prevención que a entidade desenvolve na contorna educativa, co obxectivo de dotar ao alumnado de ferramentas que lles permitan afrontar de forma saudable os retos propios da adolescencia. Nesta etapa vital, marcada por importantes cambios físicos e emocionais, a adquisición de competencias persoais resulta clave para a toma de decisións responsables e a prevención de condutas de risco.

O programa estrutúrase en talleres de carácter teórico-práctico. A súa finalidade é a de aprender ou modificar as habilidades socioemocionales do alumnado. A través de dinámicas participativas, foméntase a aplicación práctica destas aprendizaxes tanto na contorna escolar como na súa vida cotiá.

Entre os obxectivos de “Somos hábiles” destacan o fortalecemento do autoconocemento, a mellora da regulación emocional, a construción dunha autoimaxe positiva, o desenvolvemento de habilidades para a resolución pacífica de conflitos…

As temáticas que se abordan neste programa son, entre outras, autoestima, autoconcepto, xestión de emocións, intelixencia emocional, empatía, estilos de resposta; pasividade, agresividade ou asertividade, resolución de conflitos, comunicación, autoafirmación, etc.

A asociación Vieiro agradece a implicación de equipos directivos e profesorado dos centros que facilitaron a súa implementación. Con este tipo de accións, a entidade reforza o seu compromiso coa promoción da saúde emocional e a prevención cos mozos.

Related posts

Multitudinario Xantar dos Maiores de Vimianzo

Turismo de Galicia promociona internacionalmente o Camiño Inglés e Fisterra-Muxía

Abre o prazo para anotarse ao Curso Intensivo de Natación de Verán que organiza a A.D. Fogar en Carballo