Vieiro puxo en marcha nos IES un novo programa de intervención preventiva

Está dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO baixo o título “Non pasa nada, pasa algo?”. Trátase dunha iniciativa educativa centrada na prevención de condutas adictivas e na promoción de hábitos de vida saudables entre os mozos.

O obxectivo desta intervención é ofrecer ao alumnado unha formación preventiva rigorosa e adaptada á súa realidade, mediante información clara e realista sobre as substancias psicoactivas e sobre os efectos e consecuencias do seu consumo nos ámbitos físico, psíquico, social e legal. A iniciativa busca incrementar a percepción do risco asociada ao uso de substancias e promover decisións informadas e saudables entre a mocidade.

A intervención estrutúrase en sesións semanais de aproximadamente 55 minutos, nas que se emprega unha metodoloxía dinámica deseñada para fomentar a participación activa, a reflexión e o diálogo no grupo.

A Asociación Vieiro expresaba o seu agradecemento aos equipos directivos e ao profesorado por todas as facilidades ofrecidas para levar a cabo esta actividade preventiva.

Related posts

O Concello de Malpica e a Deputación da Coruña renovan o convenio de xestión do Ecomuseo do Forno do Forte

Carballo acolleu o II Congreso Galicia é ESS, centrado na economía social e solidaria

SEA firma nuevas parcelas en el parque empresarial de A Laracha