O obxectivo da reunión foi ofertar os programas do ámbito educativo co fin de aunar esforzos na prevención das condutas aditivas dentro do ámbito escolar.
A entidade aproveitou tamén a xuntanza para recordar ás responsables dos departamentos de orientación de todos os centros educativos de secundaria os programas da carteira de servizos que dentro do ámbito educativo Vieiro leva a cabo coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Concello de Carballo.
A finalidade destes encontros é por unha banda, fomentar a coordinación entre os centros educativos e Vieiro, e pola outra, aunar esforzos na prevención das adicións e outras condutas de risco asociadas. Á súa vez, nestas xuntanzas trasládase información sobre os resultados obtidos durante o pasado curso escolar dos programas levados a cabo por parte da entidade nos que todos os centros do Municipio veñen participando dende hai anos.
Na xuntanza, reuníronse na sede da Asociación Vieiro representantes da xunta directiva da entidade coas orientadoras dos centros de educación secundaria.
En representación da asociación Vieiro asistiron, a súa Presidenta, Josefina Rey Baldomir, a secretaria, María del Pilar Mata Fernández-Balbuena e a educadora social Miriam Romero Traba.
Por parte dos departamentos de Orientación dos centros de educación secundaria do municipio asistiron: Mara Lema Agra, orientadora do IES Isidro Parga Pondal e Andrea Liñares Pazos, orientadora do IES Alfredo Brañas. Por imprevistos, non pudieron asistir as orientadoras do IES Monte Neme e CPR Artai, aínda que se puxeron máis tarde en contacto coa entidade para informarse dos temas tratados na reunión.
A proposta da programación de Vieiro foi acollida un ano máis con gran interés por parte de todas as profesionais presentes.
Tendo en conta a excelente colaboración que desde hai anos veñen ofrecendo os diferentes centros educativos de Carballo a través dos seus equipos directivos, claustros de profesores/as e Departamentos de Orientación, sin cuxa colaboración e implicación sería imposible levar a cabo os diferentes programas de prevención no ámbito escolar, trasladouse desde Vieiro o seu agradecemento.