34
- Os técnicos da asociación adoptaron o teletraballo para protexerse do COVID-19
En tempos de crise hai que agudizar o enxeño, e a Asociación Vieiro sábeo, por iso comunicou que se adaptou ás novas medidas decretadas durante este Estado de Alarma.
Desde Vieiro informan de que os técnicos da asociación seguen a realizar as súas funcións desde as súas casas por teletraballo, unha medida que adoptaron o pasado día 14 de marzo para protexer ao persoal da pandemia co COVID-19.
Quen precise axuda, información ou asesoramento sobre adicións ou saúde, poderá comunicarse con Vieiro a través da súa páxina web ou do seguinte número de teléfono: 981 756 161