Vieiro segue traballando por videoconferencia

1 minutes read

Tanto os técnicos, como a Xunta Directiva de Vieiro seguen operativos desde os seus respectivos domicilios grazas á opción de teletraballo que ofrecen as novas tecnoloxías. A entidade adoptou esta medida para protexer ao seu persoal da pandemia do Covid-19 e poder seguir así prestando servizo á sociedade que o necesite, tanto a través de teléfono, correo electrónico ou da súa renovada páxina web http://vieiro.org/, ademais en casos urxentes mesmo xestionarían, se fose estritamente necesario, unha atención presencial. Do mesmo xeito, a Xunta Directiva de Vieiro tamén segue activa por videoconferencia, resolvendo necesidades, tomando decisións e chegando a acordos para o bo funcionamento da entidade.