Viéndote Crecer | Un proxecto innovador desde Camariñas


  • A empresa inmortaliza de forma espectacular os mellores momentos da túa vida.

María José Carril e Diego Alonso, forman o equipo perfecto en Viéndote Crecer Fotografía Infantil. O nome do seu estudo non é froito da casualidade. Quince anos atrás, e un pouco máis tamén, Diego xa gozaba facendo vodas, bautizos e comuñóns. Dez anos pasaron desde que, cunha maleta chea de amor e un voo que se fixo eterno, María José sumouse ao seu mundo. Ela é licenciada en psicopedagoxía, traballando moitos anos en discapacidade, «o traballo máis bonito do mundo», asegúranos. É soñadora, impulsiva e cento por cento optimista. En tempos de pandemia, cando todos estamos condenados a vernos menos do que realmente quixésemos, é un bo momento para ser positivos e regalar os mellores recordos. E é que estamos cheos de cousas, pero nunca nos sobran os momentos. Deter o tempo con sorrisos, emocións, miradas… facer o intanxible real e querer que as persoas que amamos o conserven para sempre, fan que este se converta nun agasallo para toda a vida. Elixe a túa sesión, ou contacta con eles e xuntos deseñaredes un agasallo ideal. E asegúroche que a experiencia será inesquecible tanto para eles como para ti, empezando por como van recibir a noticia.

E a quen podo regalar unha sesión de fotos?

Todas as súas sesións están deseñadas para que poidas sorprender a esa persoa tan especial cun agasallo para toda a vida. Por exemplo, se tes unha amiga que está embarazada tes unha boa oportunidade para regalarlle esa sorpresa que che aseguro que lle emocionará. Cada tarxeta regalo está deseñada persoalmente para o seu destinatario cos seus nomes e cunha frase moi cuqui para emocionar. Ademais, imprimirana nun papel algodón moi suave e envolverana nunha caixiña de madeira preciosa. Un agasallo eterno para alguén moi especial. O mellor, para decatarche de todo isto e moito máis é que visites a súa páxina web https://viendotecrecer.com/ e que contactes con eles. Sorprenderanche.

Sesións para este Nadal

A estrea destas novas Sesións de Nadal 2020 foi todo un éxito e gran parte das datas están xa reservadas. Este ano, ademais das sesións únicas de Nadal que nos propoñen, queren ofrecervos a posibilidade de que teñades a oportunidade de regalalas aos vosos seres queridos cunhas tarxetas regalo das sesións de nadal 2020 moi especiais. Xa están dispoñibles de maneira tanto presencial no seu estudo como a través da súa páxina web estas preciosas tarxetas regalo das sesións de Nadal.

Momento dunha das sesións fotográficas de «Viéndote Crecer».