Vieiro informa sobre o uso seguro da Internet nas xornadas de voluntariado xuvenil da Laracha

0 minutes read

A educadora social da asociación antidroga Vieiro, Miriam Romero, acudiu ás xornadas de voluntario xuvenil desenvoltas no concello da Laracha. Baixo o título de ‘Desconecta’, os participantes informáronse sobre o uso seguro das novas tecnoloxías, descubrindo os riscos asociados a unha utilización irresponsable da Internet e diversos dispositivos electrónicos.