Vigo, A Guarda e Corme capitais da encherola

En Vigo, millleiros de visitantes saborearon o mellor do mar no Seafest.
Os peixes que chegan á lonxa convértense aquí en propostas gastronómicas sorprendentes.
Quenlla, rapante, lura, raia ou pescada afumada son algúns dos petiscos que se poideron probar a prezos accesibles.

Das rochas do Roncudo, directos ao prato… na festa de Corme, unha celebración que comezou hai máis de 20 anos e que foi a primeira festa do percebe que se celebrou en España.
Estes días puidemos ver os percebeiros apañando este manxar. Dicían que hai moito que recoller e de boa calidade. Diso diron boa conta este sábado os comensais, ainda que, algúns menos que outros anos… Nesta tradicional festa gastronómica para degustar uns dos mellores percebes do mundo, o presidente da Deputación da Coruña Valentín González Formoso estivo acompañado polos alcaldes de Ponteceso, Lois García Carballido, e Malpica, Walter Pardo Añón, e pola deputada laxense no Parlamento de Galicia, Dolores Toja.


E como os sabores mariñeiros conquistan a todos, tampouco pode faltar a langosta, a raíña da festa da Guarda.
Ao redor do produto principal, os cociñeiros da vila organizaron un festín de mariscos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha