Vigo | A Praza América e a EDAR do Lagares recoñecidas como obras de enorme relevancia


A Praza América e a EDAR do Lagares aparecen na relación das 26 obras seleccionadas pola Confederación Nacional da Construcción que “melloran a vida dos españois e son de enorme relevancia para a cidadanía”.

O alcalde, Abel Caballero, puxo de manifesto que Vigo ten dúas e aparece xunto a outras de gran calado como a remodelación da estación de metro de Gran Vía en Madrid, a estación de Santa Justa de Sevilla, o proxecto de recuperación do Caminito del Rey en Málaga, a liña de alta velocidade ferroviaria de Madrid ata Murcia, o Gran Bulevar El Vasco en Oviedo, a planta solar fotovoltaica da cidade da xustiza de Valencia ou o parque Agrisolar de Menorca.

Segundo sinalan desde a propia CNC, os indicadores para a selección están relacionados coa innovación, a sostibilidade, relevancia social e impacto económico nas respectivas zonas xeográficas.

Caballero lembrou que a depuradora do Lagares foi una obra “urxida desde o concello con Elena Espinosa como ministra de Medioambiente e Emilio Pérez Touriño como presidente da Xunta”. En canto a Praza América valorou que “é un modelo de actuación cidadá” e valorou positivamente o novo emprazamento co deseño da escultura de Silverio Rivas nese espazo.