Vigo | Aberto o prazo para solicitar as becas municipais de libros de texto

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que as familias xa poden presentar a súa solicitude de xeito online durante a fin de semana, e a partir do luns tamén de xeito presencial no Concello. Para a modalidade presencial é preciso obter a cita previa na web municipal www.vigo.org. O Concello atenderá estas solicitudes de luns a xoves de 9 a 13:30 horas e de 16 a 20 horas, os venres a atención será de 9 a 13:30 horas. O prazo de solicitude é de dous meses, polo que o último día hábil será o 24 de xaneiro.

Abel Caballero lembrou que o volume total das subvencións para conceder a cada estudante de Educación Primaria, Secundaria, Formación Profesional Básica e Educación Especial, tanto de centros públicos como concertados, aproxímase aos 6 millóns de euros. As familias que soliciten as axudas contarán cunha asignación de 205 euros por alumno, segundo lembrou Abel Caballero ao sinalar que a medida beneficiará a 28.500 estudantes. Apuntou que recibirán este apoio todos os escolares censados en Vigo estuden ou non en centros da cidade. Caballero lembrou que as familias que xa contan con esta axuda só deben asinar a declaración responsable de cumprimento de todas as bases.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha