Vigo acollerá unha xornada técnica sobre o novo decreto de artesanía alimentaria

1 minutes read

A Consellería do Medio Rural -a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria- celebrará o vindeiro xoves, 19 de maio, unha xornada técnica de divulgación sobre o novo decreto de artesanía alimentaria, co fin de animar aos operadores deste ámbito a inscribirse baixo esta marca de calidade diferenciada.

Así, a formación levarase a cabo no edificio administrativo da Xunta, en horario de mañá (10,00 a 13,00 horas). Ao longo da xornada abordaranse os obxectivos deste selo e as condicións xerais para a produción de alimentos artesáns, ademais da normativa reguladora correspondente, o control e certificación da actividade artesá e a flexibilización das normas de hixiene. Tamén se tratará o propio proceso de inscrición ao selo e o inicio da actividade artesanal.

Ademais, tamén haberá un apartado sobre prácticas innovadoras, así como exemplos de normas técnicas.