Vigo acolleu a entrega dos Premios da Cultura Galega 2019

1 minutes read

O Teatro Afundación de Vigo acolleu este martes a cerimonia de entrega dos Premios da Cultura Galega 2019 que, por segunda vez na súa historia, saíron de Santiago. Nesta ocasión para viaxar á cidade olívica e render así homenaxe ao 40 aniversario da movida viguesa, “un movemento renovador que supuxo unha revolución nas bases da nosa cultura e sociedade”, segundo destacou o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez.

A cerimonia, presentada polo actor Manuel Manquiña ante un teatro repleto, serviu para repartir oito premios ás persoas que contribúen á excelencia, a conservación e o esparexemento do mellor da música, artes escénicas, audiovisual, lingua, patrimonio cultural, letras, artes plásticas e proxección exterior de Galicia.

Xesús Alonso Montero, catedrático de literatura galega, escritor e presidente da Real Academia entre 2013 e 2017, foi premiado na modalidade de letras. O presidente da Fundación Barrié de la Maza, José María Arias Mosquera, recolleu o premio na categoría de patrimonio cultural pola restauración do Pórtico da Gloria. Na categoría de proxección exterior o premio foi para o proxecto Galego en Londres, e recolleuno Begoña González. A escultora Soledad Penalta, nacida en Noia en 1943 e varias de cuxas obras están expostas no parque escultórico da Torre de Hércules, foi premiada na categoría de Artes Plásticas. O compositor e cantante Amancio Prada relatou anécdotas da súa nenez tras recibir de mans de Feijóo o premio na categoría de música. Na categoría de audiovisual, o premio foi para a serie de televisión “O sabor das margaridas”. Por último, o premio en artes escénicas levoullo a compañía profesional de teatro de obxectos máis antiga de Galicia: Monicreques de Kukas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?