47
O alcalde, Abel Caballero, informou da resolución da convocatoria de subvencións para o fomento do emprego en entidades sen ánimo de lucro, un programa de orzamento superior ao millón co que se apoia o traballo de 180 profesionais nas asociacións veciñais, culturais, socioasistenciais e deportivas, entre outras. Explicou Abel Caballero que o obxectivo do Concello con estas axudas é “xerar emprego en colaboración con estas entidades”. O millón de euros de apoio municipal fai posible a contratación de 34 traballadores nas asociacións veciñais e culturais, outros 69 nas sociais e asistenciais, 23 nas empresariais, 33 nas deportivas e 21 máis na Mancomunidade de Montes.