Vigo apagará as luces de Nadal o fin de semana do 13 de xaneiro

O alcalde da cidade, Abel Caballero, explicou que, ante a petición dos hostaleiros de prolongar durante outra semana máis o aceso do Nadal, o goberno local procederá ao apagado a fin de semana do 13 de xaneiro. O rexedor incidiu en que os responsables do sector da hostalería argumentan “o marabillosamente ben que está a ir o Nadal, dos niveis de afluencia en hoteis que están practicamente ao cento por cento, das cafeterías, dos restaurantes e dos comercios” para solicitar a ampliación da presenza do Nadal na cidade. “Anímannos a continuar con este proxecto e a seguir realzandoo porque Vigo está nestes momentos no planeta polo Nadal”, asegurou.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha