O Pleno municipal amosou o apoio da Corporación á manifestación de SOS Galicia, ao tempo que acordou colaborar activamente na recollida de sinaturas promovida pola plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia para conseguir a Iniciativa Lexislativa Popular para Salvar e Fortalecer a Atención Primaria. A maioría do Pleno deu luz verde a unha moción socialista que insta á Xunta a que reformule as súas políticas en materia sanitaria na área de Vigo, reducindo de forma inmediata as listas de agarda e adoptando medidas no ámbito da Atención Primaria para que cambie o modelo asistencial e de xestión de recursos humanos que permita convocar todas as prazas dispoñibles para formar novos profesionais e mellorar as as condicións laborais traballadores. Esta moción contou co apoio dos grupos do PSOE, do Grupo Mixto e do concelleiro non adscrito e o voto en contra do Partido Popular, os mesmos votos que validaron a moción do concelleiro non adscrito que na que tamén se defendía a colaboración na recollida de sinaturas e a participación na manifestación convocada o 12 de febreiro en defensa da sanidade pública.