Vigo | Arrinca a programación conmemorativa do 25N no museo do Mar de Galicia

1 minutes read

O Museo do Mar de Galicia, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, desenvolve durante esta semana unha programación especial arredor do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Así o deron a coñecer o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a delegada territorial da Xunta na cidade olívica, Marta Fernández-Tapias. A peza teatral Soa, de Rogelia dos Outeiros, a mostra Identidades latentes, configurada con creadoras galegas, e dúas proxeccións da peza audiovisual Saberes de muller, que entrevista mulleres da Costa da Morte, iranse dando cita no museo ao longo desta semana.

“O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 trae a Vigo as súas propostas centradas nas mulleres, deseñadas, desenvoltas e protagonizadas tamén por elas, unha boa dose de talento e creatividade femininas coa que celebrar o 25N”, destacou o secretario xeral.