A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou que as obras de ampliación do IFEVI, nas que a Xunta inviste 7,6 millóns de euros, arrancan co compromiso de estar preparadas para albergar eventos de referencia internacional despois do verán. A mediados de setembro estará rematada a envolvente do edificio para dispoñer provisionalmente de superficie expositiva que garanta a acollida de eventos como Conxemar, Navalia ou Mindtech. Os obxectivos da actuación son incrementar a competitividade das instalacións, consolidar o IFEVI como o recinto feiral de maior capacidade de Galicia e situar á cidade de Vigo como referente para exposicións de primeira orde. A realización destes traballos permitirá contar cunha nova superficie construída de 6.500 m², dos que 5.500 m² son de ampliación e uns 1.000 m², se corresponden coa reforma do edificio existente.
61