Vigo | As obras do Barrio do Cura comezarán antes de que remate o ano

1 minutes read

O goberno local de Vigo validará a semana que vén o proxecto de urbanización do Barrio do Cura o que permitirá avanzar na tramitación urbanística “dunha das grandes melloras históricas da cidade”. Tal e como anunciou o rexedor, Abel Caballero, a previsión é que as obras comecen antes de que remate este 2022.

Segundo o proxecto, dos 12.000m2 de solo urbano non consolidado, o Concello vai dispoñer de 7.000 m² aproximadamente. Tamén se establecen as ampliacións do viario dentro do ámbito, en particular, a aprobación da prolongación da rúa Torrecedeira. Establecerase a comunicación vertical entre a Praza do Berbés e o ámbito do Barrio do Cura con dous ascensores. Haberá unha nova escola infantil en substitución da existente cunha superficie de 1.015 m².

A urbanización do Barrio do Cura prevé, así mesmo, a rehabilitación das casas que lle deron nome e a xeración de 300 novas prazas de aparcamento públicas. Crearanse espazos e zonas verdes por 3.341 m² e a cesión de superficie para uso público é de 4.242 m².