Vigo | As piscinas de Samil entrarán en funcionamento o 8 de xuño

0 minutes read

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este mércores que a cidadanía poderá gozar de novo das piscinas de Samil desde o próximo mércores 8 de xuño. Son cinco instalacións -cada unha co seu socorrista – que funcionarán ininterrompidamente entre as 11,00 e as 22,00 h de luns a domingo. O alcalde cualificou esta apertura de moi boa noticia na cidade logo de dous anos nos que a pandemia impediu o seu funcionamento.