O alcalde detallou que chegaron á cidade en tren vinte persoas, aos que entre o Concello e Accem lles buscaron aloxamento para pasar a noite e, destas, dezaoito decidiron continuar ata Porto e dúas quedaron en Vigo. O domingo foron tres as mulleres ucraínas que arribaron á urbe e establecéronse con familiares e este luns, outra familia tamén asentada cos seus parentes.
Ademais, engadiu Caballero, outras vinte cinco persoas procedentes de Ucraína tamén están a ser atendidas polo Concello de Vigo e Accem, a ONG que traballa na mellora da calidade de vida dos refuxiados, migrantes e colectivos vulnerables. Así, en total son trinta e tres os homes e mulleres recibidos na cidade e apoiados pola entidade e o consistorio vigués.
Abel Caballero recordou que as cidades, o Goberno de España e a Unión Europea traballan de forma coordinada para encargarse das e dos refuxiados de Ucraína.