Vigo autoriza licenzas de obra sempre que se cumpra o protocolo de seguridade

1 minutes read

O alcalde da cidade, Abel Caballero, deu conta de que no departamento de Urbanismo séguese a traballar de xeito telemático polo que se continúan facilitando inversións e permisos para realizar obras sempre cumprindo as medidas de seguridade e de sanidade impostas no decreto de alarma do Covid-19. Todas as actividades con licenza concedida e comunicacións previas de obra e actividade poden seguir adiante, así como todas aquelas que se poidan resolver de xeito telemático.

Tamén se conceden novas licenzas que se resolven no prazo establecido porque só se limitan os requisitos presenciais. Polo tanto, insistiu o rexedor, todas aquelas solicitudes que no precisen dun trámite presencial explícito por parte dos cidadáns, son resoltas e autorizadas. Trátase de axilizar a tramitación para que non haxa parón e os proxectos de investimento poidan executarse, sempre cumprindo coas condicións de Covid-2019.