Vigo comeza a instalación do alumeado de Nadal


Anunciouno este martes Abel Caballero, quen explicou que arranca algo antes que en anos anteriores porque a montaxe requirirá duns vinte días máis de traballo para cumprir cos protocolos de seguridade polo Covid-19. Caballero explicou que a empresa contratada ao efecto xa acomete traballo previo na súa nave e tamén no exterior, por exemplo nos anclaxes para asegurar o cableado sobre o que se sosterán os adornos do Nadal. Para coñecer máis datos da nova campaña, o alcalde emprazou á presentación, máis xa adiantou que haberá algunha rúa nova con respecto ao pasado ano.