Vigo comezará nun mes a instalación da rampla de acceso ao centro de saúde de Teis


O alcalde, Abel Caballero, avanzou que a Xunta de Goberno adxudicará o próximo xoves a contratación das obras de mellora da accesibilidade no contorno do centro de saúde de Teis, cun orzamento de 1.245.186,44 euros.

O acceso terá unha rampla de 48,5 m e estará cuberta cos pórticos metálicos e cerramentos en vidro, ademais de contar con xardíns de aproximadamente metro e medio a ambos lados. O proxecto tamén prevé a renovación da rede de saneamento e fecais, canalización do alumeado así como una estatua en honor a Ángela Iglesias Rebollar.

Ademais, o concello reordenará o tráfico na zona coa instalación dun semáforo no cruce da rúa Ángela Iglesias Rebollar coa Avenida Galicia.