Vigo | Concello e hostalería acordan o modelo de estruturas cubertas e fixas nas terrazas


Segundo desvelou o alcalde, Abel Caballero, o goberno de Vigo prevé autorizar a instalación de terrazas cubertas e fixas por un prazo de “tres ou catro anos” e contempla incorporar progresivamente criterios estéticos para as estruturas, uniformes en función das diferentes zonas da cidade. Engadiu Caballero que a normativa en elaboración fará posible montar terrazas en aparcamentos, incluso os da zona azul, o que permitirá unha mellor distribución dos espazos fundamentalmente para os peóns. O alcalde insistiu nesta cuestión e fixou a “condición” de “non obstaculizar” o paso dos cidadáns polas beirarrúas.