Vigo consolídase como “a cidade con máis bandeiras azuis de España”

Acto de izado das bandeiras azuis, no verán de 2020.

Abel Caballero valorou a resolución do organismo, que outorgou tantas como solicitou o Concello: dez praias e tres sendeiros. Vigo revalida polo tanto o número de insignias dos dous últimos anos. “Somos a cidade con máis bandeiras azuis de España”, manifestou o alcalde. Outros municipios de menor tamaño suman máis distincións, pero Vigo destaca entre as urbes, segundo explicou: “Temos as mellores praias que se poden ter nunha cidade de España”.

Dez areais e tres sendeiros veñen de conseguir esta distinción un ano máis, reeditando o número de 2019 e 2020, e acada todas as solicitadas: A Punta, Carril, Tombo do Gato, Argazada, Samil, Fontaíña, O Vao, Canido, Fortiñón e Rodas, ademais da ruta entre faros de Cíes, o Camiño a Beiramar e a senda litoral e do monte da Guía.