31
Abel Caballero inaugurou a humanización do parque María Xosé Queizán, cunha adaptación da zona “máis agradable para a cidadanía”. Deste xeito, transformouse o tránsito peonil cunha nova beirarrúa máis directa cara a continuar pola Avenida García Barbón, sen estar próxima á calzada, como estaba previamente. Tamén se creou una zona de pérgolas con bancos e conta con dúas fontes de auga. Renovouse o céspede o plantáronse novas árbores. O alcalde anunciou que “haberá licitación e obra para o tramo final da Avenida García Barbón ata Sanjurjo Badía”. A humanización do tramo entre Rosalía de Castro e Isaac Peral tivo un orzamento de 2.197.043 euros, en total García Barbón tivo un investimento de 6,7 millóns.