Vigo conta xa con case 150 actuacións decorativas en espazos urbanos

O goberno local adxudica a contratación do oitavo programa de medianeiras e outros elementos verticais con incidencia na vía pública. O programa ten un orzamento de 211.731 euros e recolle 14 novas actuacións: Avda Gregorio Espino, 41; Avda Travesía de Vigo, 59; Numancia 100; Urzáiz, 62; Avda Castelao, 29; Avda Ramón Nieto, 328; 1ª Travesía do Barreiro; Travesía Escolas Públicas, 9; Travesía Escolas Públicas, 5; Coutadas, 78; IES República Oriental de Uruguay; Escaleiras Dr Cadaval; Oficina Municipal da Miñoca e Pasadizo de María Berdiales.

O programa de medianeiras está en marcha desde o ano 2015 e xa son case 150 as intervencións realizadas en espazos urbanos -en rúas e centros educativos. Tal e como engadiu Caballero, a previsión é que os traballos estean rematados a finais do mes de xullo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha