Vigo contará con 72 millóns do Goberno de España para a Moi Alta Tensión

O Ministerio de Transición Ecolóxica vén de publicar a modificación de aspectos puntuais do «Plan de Desenvolvemento da Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica 2021-2026», no que se adican 72 millóns de euros a nova subestación, “unha inversión importantísima”.

Como indicou o rexedor vigués, Abel Caballero, a vicepresidenta terceira, Teresa Ribera, “xa mo había adiantado no mes de febreiro, cando adquiriu este compromiso conmigo”, cristalizando agora no documento que recolle que a instalación está proxectada para o 2026.

No documento publicado polo Ministerio de Transición Ecolóxica, todos os proxectos de modificación do Plan de Desenvolvemento da Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica 2021-2026, alcanzan un total de 321,2 millóns de euros, polo que, os 72 millóns que recibirá a cidade “é a maior partida dentro de todos os proxectos de modificación”.

Caballero congratulouse, xa que “isto é o que a planta de Stellantis demandaba, e agora xa o temos publicado e concedido”, subliñando que “o Goberno de España cumpre con Vigo”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha