Vigo contará cunha nova zona de ocio na Praia da Punta en Teis

O alcalde, Abel Caballero, anunciou en rolda de prensa que Teis terá unha nova zona verde á altura da Praia da Punta. O Concello está a desmontar a torre de vixilancia que está “moi deteriorada”, segundo afirmou o rexedor.

Caballero lembrou que a zona estaba cercada por seguridade e agora haberá unha inversión de 16.370 euros para a desmontaxe da torre e as cancelas: “Vaise retirar por un xestor autorizado para este tipo de residuos”.

O alcalde manifestou que foron moitos os veciños e veciñas que demandaban esta actuación. Anunciou que o espazo será unha nova zona verde de ocio: “sementaremos céspede, poremos árbores, mesas e bancos”, concluíu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha