Vigo | Defensa da cesión dos inmóbeis da SAREB para un parque público de vivendas

Cedida.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e o portavoz da formación nacionalista en Vigo, Xabier P. Igrexas, denuncian a situación de acoso inmobiliario producido pola SAREB no barrio vigués e propón a cesión de todos os bens inmóbeis da entidade na Galiza á Xunta para constituír un parque público que permita o acceso a unha vivenda a todas aquelas persoas con necesidades habitacionais.

A organización nacionalista comprométese a seguir traballando, nas institucións e na rúa, para que o dereito a unha vivenda digna se garanta na Galiza e no conxunto do Estado, despois de rexistrar numerosas iniciativas e emendas á nova Lei Estatal de Vivenda.

O voceiro do BNG na cidade de Vigo introduciu a situación «insoportábel» que están atravesando a vivenda na cidade e volveu denunciar o acoso inmobiliario que está a desenvolver a SAREB, en ámbitos como a rúa Privada Moderna. A esta práctica súmaselle agora a decisión de vender a particulares máis de 150 vivendas e 200 prazas de garaxe en Vigo que se reparten en varios bloques da rúa Aragón que levan máis de 10 anos agardando pola finalización do inmóbel.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha