Vigo destina 33 millóns de euros de remanentes a dinamizar a economía da cidade

1 minutes read

O goberno municipal de Vigo investirá 33 millóns de euros de remanentes a 50 “accións de humanización, eficiencia enerxética, ramplas mecánicas e accións en espazos verdes como nunca antes se fixo na historia da cidade”, apuntou o rexedor, que adiantou que “imos a unlla de cabalo porque queremos comezar este ano con esta inmensa cantidade de investimento”. Así, a Xunta de Goberno Local aprobou xa a modificación do orzamento deste ano.

Para Caballero esta “mobilización masiva de recursos” permitirá “dinamizar a economía da cidade. Entramos nun momento de acción, cambio e transformación facendo o Vigo de finais do século XXI” nun “proceso de modernización que nunca tivo Vigo na súa historia”. O rexedor engadiu que o Concello ten mobilizados na actualizade 63 millóns de euros en investimentos, aos que haberá que sumarlle o investimento do orzamento do vindeiro ano, o convenio coa Deputación de Pontevedra e os recursos europeos.