Vigo | «Estamos preparando as mellores festas de Nadal que se fixeron nunca»

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns en rolda de prensa de que o Concello de Vigo xa iniciou o proceso para a contratación das atraccións que se instalarán na cidade durante as vindeiras festas de Nadal. A programación durará de novo desde novembro a xaneiro e contará outra vez co mercado temático “Cíes Market” na Praza de Compostela, Areal e rúa Colón, que incluirá unhas 50 casetas de venta, a noria xigante, atraccións infantís, iluminación, decoración de Nadal e servizos, ademais do tren turístico.

Caballero tamén sinalou que haberá de novo un mercado de Nadal en Príncipe (rúa Londres), cunhas dez casetas de venta, e na peonil do Calvario con outras dez casetas, iluminación, decoración, actividades de animación infantil e animación de rúa. Ademais, haberá atraccións recreativas en Porta do Sol (tiovivo-carrusel clásico), Praza da Independencia (tiovivo-carrusel clásico), Praza do Progreso (tren infantil), Rosalía de Castro (rampla de xeo), Areal (pista de xeo ao aire libre), Samil (pista de xeo cuberta), Samil (pista de karts).

Ademais, haberá un tren turístico por toda a cidade e espectáculos de inverno con 3D, parques temáticos, talleres infantís e atraccións acuáticas en Teis, Bouzas, As Travesas, Praza do Berbés, Praza de Portugal e Coia. Tamén actividades y espectáculos de animación sociocultural, concertos, circo temático de Nadal e actividades de animación na rúa.

“A iluminación xa está contratada na mesma liña do ano pasado, estamos preparando a mellores festas de Nadal que se fixeron nunca, polo tanto serán mellores que as de 2019, e levará como elemento central seguridade covid ao 100%”, sinalou o rexedor.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha