Vigo estrea oficinas anticovid

Trátase dun deseño pioneiro para a nova época en que vivimos. A pandemia colleunos en plena rehabilitación dun edificio en Vigo para convertelo en oficinas, e iso mudou o seu plan inicial. A rehabilitación estaba nun avanzado estado de construción, pero lograron implementar materiais especiais. Cristais extraclaros para potenciar a luz, espazos diáfanos, luces que se adaptan á claridade son algúns dos elementos que hai nestas oficinas anticovid. O inmoble, de 1880, está situado na céntrica rúa do Príncipe, e o 80% das súas oficinas xa están alugadas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha