Vigo | Falece unha nena de catro anos golpeada pola barra dun parasol


Unha nena de catro anos faleceu na tarde deste luns ao caerlle na cabeza o ferro dun parasol nunha finca particular en Bembrive, en Vigo. O accidente tivo lugar ás 17:45 horas e foi un particular o que alertou o 112 de que unha menor estaba ferida na cabeza. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Nacional e Local e Urxencias Sanitarias de Galicia, que nada puideron facer por salvarlle a vida á nena.