Vigo financia 15 asesores da normativa Covid para a hostalería

Foron contratados en virtude dun convenio entre o Concello e a Federación de Empresarios de Hostalería da Provincia por un importe de 75.000 euros con cargo á administración que preside Caballero, os quince traballadores asesoran a hostalería e clientela sobre as medidas hixiénico sanitarias en vigor en materia do coronavirus. O alcalde recalcou que os controladores non teñen obxectivo sancionador e operarán adaptados aos horarios de apertura do sector e durante un mínimo de catro meses e medio. Abel Caballero non desbotou ampliar o prazo se é preciso, “se a pandemia continuase”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha