Vigo, galardoada por oitavo ano consecutivo como a cidade ‘máis limpa de España’

O alcalde, Abel Caballero, celebrou o recoñecemento de ATEGRUS (Asociación Técnica para a Xestión de Residuos de Medioambiente) que outorgou a Vigo a oitava Vasoira de Platino consecutiva: “É un galardón bianual e temos o recoñecemento de 2008, 2010, 2012, 2014, 2016, 2018, 2021 (por mor da pandemia) e agora 2022. Todos eles desde que eu son alcalde”, manifestou.

Caballero quixo agradecer o “inmenso esforzo da cidade” polos recursos que adican a contratar o servizo de limpeza, aos traballadores e traballadoras da empresa e subliñou a importancia da cooperación cidadá.

Para o rexedor “a cooperación cidadá é fundamental” e lembrou ás familias que teñen cans a importancia de recoller os excrementos da rúa: “Fago un chamamento ao civismo. Non queremos comezar a sancionar. A maioría das persoas cumpre, pero hai que cooperar para seguir como a cidade máis limpa de España”, afirmou.

Vigo recibiu tamén una mención especial pola realización das campañas de concienciación nos colexios, potenciando a prevención na xeración de residuos, a reutilización e a reciclaxe.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha