Vigo inaugura o seu Nadal máis espectacular

1 minutes read
  • Debido ás condicións meteorolóxicas, a noria inaugurarase o próximo mércores 27

Este sábado Vigo acaparou todas as miradas debido ó seu xa máis que coñecido acendido das luces do Nadal.

A partir das 20:30 horas desta tarde, miles de persoas puideron desfrutar de 10 millóns de leds, do clásico boneco de neve, da bóla, da árbore de Porta do Sol que ascende ata os 35 metros e de moitas máis actividades.

A xigantesta noria, que conta con polo menos 60 metros de altura, tamén é unha das atraccións principais do Nadal deste ano, pero debido ás condicións meteorolóxicas, non se inaugurará ata ás 18:30 horas do mércores 27 de novembro.

As rúas de Vigo, entre elas Príncipe e Urzaiz, estarán cheas de luz e vida durante un mes e medio.