Vigo | Iniciada a instalación das novas ramplas en Gran Vía

1 minutes read

O alcalde visitou as obras da Fase II da Gran Vía. Este martes comezou a instalación das ramplas mecánicas entre a rúa Bolivia e Nicaragua, unha das dúas que ocuparán o bulevar da rúa no tramo entre Venezuela e Praza de España.

Abel Caballero explicou que a montaxe é un proceso “complexo” e que as obras poderían estar rematadas no mes de xaneiro: “Imos parar as obras durante o Nadal para o bo funcionamento do comercio na zona”, avanzou o rexedor.

A Fase II da Gran Vía é un dos proxectos presentados polo goberno local á convocatoria do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado cos fondos europeos Next Generation EU. O proxecto foi elixido polo ministerio de Transportes, para ser financiado ao 75%, aportando 3.200.000 millóns dos 4.235.000 do total.