Vigo | Iniciadas as catas técnicas para construír a nova escaleira mecánica da rúa Talude

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou o inicio dos traballos na rúa Talude para a construción dunha nova escaleira mecánica dentro do programa Vigo Vertical, con financiamento de fondos europeos Feder da estratexia Edusi.

O rexedor, que realizou un percorrido polas vellas escaleiras, onde xa comenzaron as catas técnicas para o desenrolo da actuación, sinalou que o desnivel da zona é de 8 metros, cunha pendente do 45%. “Son moi verticais e complexas, polo que construiremos unha escaleira mecánica e humanizaremos a rúa e a contorna, dando tamén acceso ao Colexio Mariano”, sinalou.

Nos últimos días leváronse a cabo tres catas para estudar a fondo o terreo e decidir o tipo de firme que existe na zona. “As escaleiras están moi deterioradas e imos a cambialas enteiras, ademais de desenrolar dous proxectos paralelos”, apuntou.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha