viernes, 29 mayo , 2026

Vigo | Miles de persoas pídenlle á Xunta máis persoal e recursos para a atención primaria

1 minutes read

Unhas 20.000 persoas segundo cálculos da Policía Local, responderon este xoves á chamada da Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo e botáronse á rúa para esixirlle á Xunta de Galicia máis persoal e recursos para a sanidade pública, especialmente para a atención primaria. A manifestación contou coa presenza de plataformas procedentes de Oia, A Guarda, Mondariz, Covelo, Tomiño, O Rosal e Cangas. Entre os manifestantes estiveron varios concelleiros do partido socialista e o propio alcalde de Vigo, Abel Caballero, que animou á cidadanía a sumarse a unha mobilización ante a «calamitosa» xestión que a Xunta de Galicia fai da sanidade pública. Tamén contou co apoio de EU e do BNG. Ana Pontón subliñou que de toda Galicia, a máis maltratada polos recortes e privatizacións é a área sanitaria de Vigo.