Vigo | O alcalde afirma que leva dez anos aplicando o aforro de auga que recomenda a Xunta


Abel Caballero deu conta dunha carta enviada pola Xunta na que pide aos concellos rebaixar o consumo de auga ante a situación de prealerta por seca na demarcación Galicia-Costa. Reducións de presións nas redes pola noite, restrinxir a renovación de piscinas, uso de técnicas eficientes en xardíns, minimizar baldeos ou revisar instalacións son algunhas das recomendacións do goberno autonómico que Vigo xa aplica desde hai unha década. Tanto como o período no que leva realizando humanizacións masivas que supoñen a renovación de redes e, polo tanto, minimizar as fugas por debaixo dun 10%, cando a media doutros concello é superior ao 30%. O Concello, ademais, está a traballar na nova potabilizadora – con case 23 millóns de euros – a cargo do plan de inversións de Aqualia. Neste punto, lembrou que esta instalación, financiada por Vigo, presta servizo a Cangas, Moaña, Redondela e Mos. En todo caso, Caballero recoñeceu que Vigo ten un problema “severo” de abastecemento de auga do que fixo coñecedor á Xunta xa no ano 2013, cando acordaron medidas que o goberno autonómico nunca chegou a implementar.